Opus Monasticorum V
 

 

O mar ten sido unha constante na historia do ser humano dende as súas orixes. Primeiro coma unha divinidade caprichosa e vengativa, despois xa coma un espacio tenebroso, máis tarde coma un lugar que poder dominar e conquistar, unha porta aberta cara outros mundos, a percepción do mar condicionou a vida do home. Neste contexto a imaxinación e a creatividade se apropiaron de todas estas imaxes, convertindo ó mar en protagonista da historia do home, das súas manifestacións relixiosas e as súas creacións artísticas, ata o punto de que detrás de cada imaxe se poden descubrir unha historia, un relato ou unha manifestación plástica de inefable anhelo do ser humano por supera-los seus límites.

Con esta quinta edición do Opus Monasticorum –En pé á beira. Olladas cara o mar coma imaxe, texto e pretexto– quérese amplia-lo campo de estudio do grupo de investigación Iacobus dende os ámbitos monástico e devocional galego ata as relacións artísticas de Galicia con outros territorios. Por ese motivo se buscou a colaboración de reputados especialistas da Universidade Pablo Olavide de Sevilla, da Universidade de Valencia, da Universidade da Coruña. Visións complementarias que encontrarán no tema do mar o adecuado marco para fomentar as lecturas multidisciplinares e aportar novas luces para a interpretación do feito artístico coma fenómeno cultural.

 
logos_patrocinadores
 
 
Organiza Grupo Iacobus